jueves, 28 de enero de 2016

PRACTICAR PAPIROFLEXIA

Como sei que vos gustou moito facer a pomba e o can de papel, déixovos os enlaces dos vídeos por se queredes practicar na casa!




Anímovos tamén a ver novos vídeos e probar a facer novas figuras. Así despois, na clase, podedes ensinarnos aos demais.

Entrada publicada por Marta Añón en oblogueguai.blogspot.com

PAPIROFLEXIA

Mirade que manda de cans máis bonita fixemos hoxe!

 Entrada publicada por Cristian, Inés, Iris, Mario e Raúl en o blogueguai.blogspot.com
 

lunes, 25 de enero de 2016

PENTOMINÓS DE 7 E 8 PEZAS

Encántanos o pentominó pero cada vez vanse complicando un pouco máis.


Entrada publicada por Cristian, Iris, Inés, Mario e Raúl en o blogueguai.blogspot.com

LA NUIT

Hoxe escoitamos a canción "La Nuit", da película "Los niños del coro". Pareciunos tranquila e un pouco triste. Despois Iris contounos en qué consistía a película e entendemos mellor a canción.






Entrada publicada por Cristian, Iris, Inés, Mario e Raúl en o blogueguai.blogspot.com

jueves, 21 de enero de 2016

XOGAMOS

Mario, Iris e Inés estamos facendo unhas figuras do pentominó con 6 e 7 pezas. Mario e Cristian xogan ao triominó. Mentres, escoitamos "As Catro Estacións" de Vivaldi.





Entrada publicada por Cristian, Inés, Iris, Mario e Raúl en oblogueguai.blogspot.com


A PAZ

Estas pombas da paz e estas palabras "PAZ" en diferentes idiomas fixémolas Inés, Iris, Cristian, Mario e Raúl para conmemorar o día da paz.




Entrada publicada por Cristian, Inés, Iris, Mario e Raúl.

O RETO EN BRANCO E NEGRO

Hoxe intentamos resolver o reto "En branco e negro", pero despois de darlle moitas voltas rendímonos. Outro día volverémolo a intentar.

 Entrada publicada por Cristian, Inés, Iris, Mario e Raúl e o blogueguai.blogspot.com

RETO DE AS, SOTA, CABALO E REI.

Hoxe resolvemos este reto no que había que facer catro filas e catro columnas coas cartas de as, sota, cabalo e rei sen repetir nin na fila nin na columna.



XOGAMOS AO DOMINÓ TRIANGULAR

Hoxe xogamos por primeira vez co triominó ou dominó triangular. Foi moi divertido!

Entrada publicada por Cristian, Inés, Iris, Mario e Raúl en oblogueguai.blospot.com