jueves, 17 de diciembre de 2015

RETO PARA AS VACACIÓNS DO NADAL

Como xa vos comentei o último día de clase desta avaliación, déixovos un reto por se vos apetece resolvelo durante as vacacións. Ánimo!

Intenta formar a palabra máis longa posible utilizando unha soa vez cada unha das seguintes letras:


A T B C O R U D

Aviso!: para que a solución sexa válida a palabra debe aparecer no dicionario de lingua española.




 Animádevos a resolver o reto e escribide a vosa solución nos comentarios!

Entrada publicada por Marta en oblogueguai.blogspot.com

VALORACIÓN

Como xa está rematando a primeira avaliación, imos facer balance do positivo e o negativo traballado neste taller.

CRISTIÁN: o que máis me gustou foi xogar ao Trivial, resolver os retos, escribir no blogue e xogar co pentominó. Non houbo nada que non me gustase.

IRIS: gustoume todo moito.

INÉS: gustoume todo moito.

MARIO: gustoume moito todo, pero o que máis foi xogar ao Trivial, e o que menos me gustou, escoitar as cancións.

RAÚL: o que máis me gustou foi pintar as obras, xogar ao Trivial e resolver os Pentominós. O que menos me gustou foi escoitar as cancións. 

Entrada publicada por Cristian, Inés, Iris, Mario e Raúl e o blogueguai.blogspot.com